Xa o temos! Saíronse coa súa. O noso imPoPular señor presidente acaba de saírse coa súa. Xa nolo meteron: o Decretazo. O que menos importa ... o que a meirande parte dos galegos queremos : protexer e utilizar libremente a miña lingua no meu traballo.
Que bonito poema o de Manuel María, verdade? Que me decides desa metáfora "Galicia é unha nai"? Co tema da problemática actual sobre a situación do galego podería ser un poema co que poderiamos relacionalo , non? Galicia, a nai protectora; nós, galegos, protexamos a nosa Galicia, protexamos a nosa lingua galega. Invítovos a unha análise dese poema.
A VIDA VAI
-
Pois aquí estou, dormitando no sofá do salón, a carón de Daniel,
disfrutrando do caloriño da casa que afora vai un frío de carallo, como di
Mar, que por ce...